25 Casas de Galicia-1994-2004 é un retrato de 25 casas construídas en territorios da urbanización difusa por 25 arquitectos, presenta as plantas e cortes a escala e unha introducción de cada casa escrita polo seu autor, fotografías do interior e do exterior, situación, custe da obra, e listado das persoas que interviñeron no proceso de construcción.

As casas presentadas son propostas de habitación de novos espacios para usos e estructuras sociais diversas, na súa meirande parte novas unifamiliares illadas, pero tamén hai proxectos de reforma e rehabilitación, adosados, e lofts.

Este libro é tamén un documento temporal no que comprender novas formas de habitar o territorio, e unha guía para os que procuren unha vivenda adaptada aos seus recursos e necesidades. Pretende facer reflexionar ao lector sobre os aconteceres territoriais e as súas transformacións actuais, os novos modos de habitar e os lugares onde esto acontece. Como habitan e como son as casas dos galegos, como poderían habitar mellor e que exemplos son excepción entre a multitude de edificacións que nos arrodean.

indice

 

 

Voltar a EditorialVoltar a Editorial